Continúa oFestival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2026 de Special Olympics e Afundación, a Obra Social de ABANCA. A seguinte proposta dentro da programación será o vindeiro 26 de maio a cargo de Aspadisi. Interpretarán “Romeo e Xulieta”, unha versión cómica do clásico de Shakespeare, a partir das 19,00 horas no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. As invitacións gratuítas están dispoñibles na web Ataquilla.com
A proposta de Aspadisi nace froito da motivación, as inquedanzas a insistencia e o esforzo das persoas participantes, que desde hai tempo desexaban introducirse no mundo do teatro. O texto é unha adaptación cómica da obra Shakespeare que mestura o teatro co audiovisual. Todo o proceso de gravación, dirección artística e iluminación foi realizado por persoas do centro que participan no Obradoiro de Cine impartido por estudantes do IES Chamoso Lamas do Carballiño.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O festival pecharase con Aceesca e a representación de Astérix e Obelix: Aventura en Compostelix no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo o día 2 de xuño.
O Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual enmárcase na liña estratéxica de impulso social a través tamén da cultura da Obra Social de ABANCA que considera a arte, nas súas diversas manifestacións, como un potente elemento de inclusión social xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos. Desde Afundación apóianse iniciativas como esta pola súa intensa carga social, artística, emocional e en defensa da igualdade das persoas. Ademais, promóvense e adáptanse os programas didácticos ás capacidades de cada persoa facendo, así, accesibles os contidos e actividades que teñen as persoas con capacidades diferentes como protagonistas, poñendo o foco nas súas habilidades e favorecendo unha visión positiva da sociedade.
















