O BNG demanda na Deputación de Ourense a creación dunha liña de axudas aos actores afectados polas restriccións sanitarias á imaxe do modelo implantado en Alemaña.

IES CHAMOSO LAMAS

As infimas axudas da Xunta de Galiza aos sectores afectados pola pandemia, levan ao voceiro do grupo provincial do BNG a demandar a implicación económica da Deputación nun plan coordinado e negociado con concellos e  Xunta no que cada unha das tres administracións aporte o mesmo esforzo orzamentario para compensar até o 70% das perdas durante todo o tempo que duren as restricións

O BNG ven de presentar unha moción o pleno da Deputación de Ourense ante o recrudecemento da crise sanitaria e as restriccións sanitarias, unha situación que para o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varelea  “están facendo insostible  a continuidade de moitas pequenas empresas vinculadas aos sectores productivos da provincia”

SPORTUR GALICIA 2022

 Para Varela “non pode ser que a única iniciativa que puxo en en marcha a Xunta  até o momento fose unha axuda que en caso de completarse conforme ao declarado polo presidente Feijoo o día 21, supoña só uns 0,00617 puntos dos orzametos da Xunta, moi lonxe siquer do 1% dos mesmos”.  A pesar de que a Xunta experimentou un aumento nos seus fondos para a loita contra a pandemia e non ter feito aportacións  extraordinarias ás Deputacións ou adminstracións locais para enfrontar a dura realidade que padecemos.

Entendemos que a toma de decisóns para protexer a saúde da cidadanía sen perder de vista o obxetivo de salvagardar tamén a economía de centos de miles de familias non resulta sinxela, declara Varela, porén consideramos que a aplicación de modelos como o implantado en Alemaña, é posible en Galiza, e estamos en disposicion de implementar un modelo similar para facerlle fronte á difícil situación económica das pemes desta provincia.

 É tempo de que a cooperación entre administracións prevaleza e que concellos, Deputacións e Xunta de Galiza aporten atendendo ao nivel competecial e económico de cada unha delas.

Polo que o BNG demandará do pleno provincial instar á Xunta de Galiza a aprobar un decreto de xeito urxente no que se contemplen de forma inmediata axudas para os actores afectados polas restriccións sanitaraias acordadas pola administración galega, así como a creación dun procedemento urxente, áxil e sinxelo para facilitar o acceso inmediato aos sectores afectados a estas axudas a traves dun portelo único, con todas as garantias de transparencia e equidade.

 Proporemos, explica o voceiro nacionalista,  o compromiso da Deputación participando económicamente na liña de axudas aos sectores afectados na mesma porcentaxe sobre o orzamento provincial que a porcentaxe que aplique a Xunta a este fondo sobre o seu orzamento, nas condicións que se acorden nunha mesa institucional en canto a contías globais, destino e xestión desas axudas.

 Un plan de apoio económico que tamén contaría na mesma porcentaxe dos seus orzamentos cos concellos, conformando un fondo razonable, transparente e colaborativo para dar solucións aos autónomos e pemes,  que debe ter por obxecto compensar até o 70% da perda de ingresos mensuais, compensación aplicable todo o tempo que duren as limitacións á actividade no sector.