A oitava edición do ‘Superdeportivos Exclusive Evente Vila do Carballiño’ atraeu o pasado sábado a máis de dous milleiros de persoas, chegadas dende diferentes puntos de Galicia, para admirar os automóbiles de alta gama que se concentraron, minutos antes do mediodía, na Praza Maior e a súa contorna.
Unha oportunidade única de ver e retratar o cento de unidades de luxo alí estacionadas, con marcas coma Ferrari, Porsche, Austin Martin, Lamborghini ou Mercedes, entre outras, e de diferentes modelos, procedentes da Comunidade Galega e do resto do Estado.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os participantes no evento realizaron un percorrido de dúas horas por estradas do Carballiño e da comarca do Ribeiro, para voltar logo ao lugar da concentración e degustar un pulpo á feira, carne ao caldeiro e outros manxares típicos da zona. Xa pola tarde, a diversión estivo garantida cunha velada musical.
















