O salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño acolleu esta mañá o acto de recepción oficial de Laura Varela, veciña do Carballiño e ‘Miss Grand Costa Gallega’, que competirá a vindeira fin de semana no certame ‘Miss Grand España’. Esta carballiñesa, de 23 anos e mestra de profesión, será a representante galega neste concurso, no que, según comentou, ademais da beleza ou o atractivo, tamén hai unha aposta pola paz e en contra da guerra. José Castro-Gil, alcalde en funcións, e as concelleiras de Educación, Lorena Castro, e Comercio, Diana González, desexáronlle moita sorte no certame.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















