Espazo Común solicita a paralización da emisión e cobro dos recibos da auga ante as queixas da vecñanza

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Espazo Común vén de presentar unha moción de urxencia para o seu tratamento na sesión plenaria da Corporación de Carballiño, que se reunirá o vindeiro venres, día 19, e na que soiicitan que a paralización da emisión e do cobro dos recibos da taxa por consumo de auga correspondentes ao presente ano e se devolvan os importes xa cobrados. Asemade, propoñen que “se leve a termo un axuste á baixa destes recibos suprimindo deles o importe das obras e a parte correspondente dos fundos obtidos no PERTE” e “se volten a emitir no segundo semestre do ano coas rebaixas que sairán da aplicación deste modelo”.

Todo elo, derivado do “brutal incremento” rexistrado nos primeiros recibos da auga que está a recibir a veciñanza, e que en moitos casos supera o 100%, segundo as taxas aprobadas polo equipo municipal de goberno (PSdeG-PSOE e PP), e que os cidadáns califican de “estafa”, “atraco”, “pau”, “pelotazo”, “indignante”, “roubo” ou “alucinante”, entre outros termos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dende Espazo Común aseguran que o seu grupo municipal xa advertira en multiples ocasións “que se ía chegar a esta situación”. Ao respecto, lembran que “hai algo máis dun ano, demandamos que non se cargara a totalidade do custo das obras a acometer neste proceso ao recibo que pagan veciños e empresas. Puxemos enriba da mesa alternativas sólidas e sinxelas coma que os importes necesarios para a execución deses proxectos fosen solicitados a Augas de Galicia, organismo da Xunta que tódolos anos ofrece subvencións para melloras relacionadas con este particular”. E tamén demandaron que “o estropicio orixinado pola duplicidade de obras que figuran nos devanditos pregos e nas solicitudes ao PERTE solicitado xunto con outros concellos, fose corrixido aliviando a carga impositiva para os cidadáns”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------