“Despois de 8 anos á fronte da Escola e do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño deixo o meu labor como directora. Tanto eu, como os diferentes equipos directivos que me acompañaron, buscamos sempre avanzar e defender un servizo público vital para a veciñanza, tanto do Carballiño como da comarca ou incluso do resto da provincia. Por iso quero deixar claro o noso compromiso e
lealdade a un proxecto común que sentimos como propio e que sempre defenderei, como profesora e veciña.
Nestes anos fomos capaces de avanzar dunha maneira significativa na mellora do servizo. Dende a creación dun espazo de diálogo e transparencia, ó crear o consello escolar, a ampliación das horas de clases, das audicións, das materias impartidas, da creación da banda
da escola, ou novos eventos como O Carballiño Soa. Foron moitas as melloras realizadas, como a adquisición de instrumentos e material didáctico, pero tamén novos retos como a creación de canles de comunicación coas familias ou a modernización do espazo. Tamén
pasamos momentos difíciles como a transición durante as obras do gas radon ou a pandemia, intentando que o servizo transcorrera sen verse afectado.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Son moitos os agradecementos que quero facer, pero debo destacar en primeiro lugar ós meus compañeiros, os profesores e profesoras, polo traballo realizado, tamén ás familias que levan apoiando de forma desinteresada esta etapa e como non, ó alumnado. Tamén quero
agradecerlles o compromiso que os catro concelleiros de educación tiveron co CMUS, igual ca inspección educativa e a traballadora do servizo municipal de educación.
Hoxe, temos un servizo municipal que é un referente, e somos moitos os que queremos seguir construíndo, pero tamén hai outra parte, os que queren destruír, a eles, recordarlles que somos persoas, con acertos e erros, pero nin o acoso, nin o insulto nin o machismo, suman.
Por último, os meus mellores desexos para todas as persoas que ven na música unha saída, a música é cultura, é benestar, pero tamén algo que nos marca para o resto da vida”.

















