Aberta no templo da Veracruz a exposición “Os Cristos do lume”, do escultor e artesán masidao Alberto Fernández

O Carballiño, 26 de marzo de 2024.- O Templo da Veracruz acolle desde este pasado luns, 25 de marzo, unha orixinal exposición de Cristos Crucificados, obra do escultor e artesán masidao Alberto Fernández. Trátase de tallas en madeira reciclada da queima de árbores centenarias dos nosos bosques e fragas que ano tras ano sofren a devastación dos incendios forestais.

“Co traballo das súas gubias soubo converter estas pezas de madeira en esculturas que nacen do lume, e que representan ao Noso Señor Xesucristo no momento da Crucifixión”, según se expresa no folleto editado pola Confraría da Vera Cruz, promotora desta mostra, que poderá visitarse durante esta semana ata o domingo, agás nos horarios que coincidan coa celebración de actos litúrxicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición complementa o programa cultural da Semana Santa carballiñesa e supón unha boa oportunidade para contemplar este traballo artístico nun entorno tan apropiado como é o interior do Templo da Veracruz.

(Fotografía: o escultor Alberto Fernández xunto ao irmán cofrade maior, Rafael Melero, e outros integrantes da Confraría da Veracruz, durante a inauguración da exposición)