Espazo Común pide mellores condicións para os traballadores temporais do concello

A formación asegura que os varredores a servizo do Concello do Carballiño, a día de hoxe, están todos eles contratados a través das listas de persoal temporal, e aseguran que foron os grandes esquecidos nos pagos por produtividade ao persoal máis exposto nos tempos de confinamento.

Publicidade

No mes de setembro, afirman que se lles baixou ao Salario Mínimo a retribución salarial, obviando o estipulado no Convenio Colectivo. Aseguran que tampouco se respectan os seus dereitos recollidos nas diferentes lexislacións e no devandito Convenio aos descansos e compensacións por festivos traballados. Espazo Común demanda que no futuro, eviten estas situacións e cumpran o estipulado.