Este venres (día 26) as 18:00h na Libraría Escolma Inma Soto presenta dous contos sobre Xela

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro VENRES 26 ás 18:00 h. estará con nós INMA SOTO. E traerá nos seus cestos, todos os aparellos que XELA, a rapariga protagonista das súas historias, ten con ela na súa aldea. As historias de XELA son dúas: XELA, A SUPERHEROINA DE ALDEA   e   XELA, AVENTURA NA FRAGA.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cando XELA ten a oportunidade de irse para aldea, revelarase ante ela todo un mundo de posibilidades e de aventuras das que vai a gozar en plena liberdade. Alí atoparase con galiñas, plumas, raposos, herbas que descoñecía, xabarís, corzos… E descubrirá tamén como se coidan os animais da casa. En fin, todo un feixe aconteceres que a sorprenderán e que nunca esquecerá.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------