En Boborás: Servizo temporal a estudantes polo estado derivado do Covid-19

Servizo de impresión, achega de información e presta de ordenadores. 
A suspensión de clases e agora a prolongación do estado de alarma ata o 26 de abril provoca que os profesores e alumnos deban optar por moi diferentes solucións para poder continuar o curso durante un período máis longo ca o nun principio pensado.
Coñecendo que dentro destas solucións está o uso de plataformas de teleformación telemáticas e o envío de correos das tarefas que deben realizar @s estudantes/as, contemplando a posibilidade de que algunhas das familias non dispoñan de recursos e ferramentas para acceder con normalidade a este material, o concello de Boborás activa a partir de hoxe o servizo de impresión, achega de información e préstamo de ordenadores para que @s nos@s estudantes que carezan de medios e/ou posibilidades poidan seguir con normalidade as clases durante o período que dure o confinamento e requiran os contidos, necesiten imprimir ou tamén facer uso dun equipo informático na súa casa para seguir coa maior normalidade o curso escolar e poidan estar en igualdade de condicións ca o resto de compañeiros. 
A solicitude dos servizos está activa online, e tamén se pode facer por escrito ou chamando ao teléfono do concello  988402008 en horario de oficina. 

O acceso online ás solicitudes podes facerse a través do enderezo http://estudonacasa.boboras.gal

AVANTAR ACTIVIDADES

As solicitudes estudaranse segundo a necesidade d@s alumn@s e daráselle tratamento no tempo mais breve posible.