O Carballiño prepárase para acoller aos participantes na convivencia familiar de ‘Special Olympics Galicia’

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O salón de plenos acolleu esta mañá a xunta de seguridade para organizar a Convivencia Familiar Special Olympics Galicia, que se celebrará no Parque Municipal do Carballiño no primeiro domingo do vindeiro mes de xullo.

O encontro contou coa participación das concelleiras de Servizos Sociais, Silvia Baranda, e Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, e o edil de Seguridade, Alberto Otero, ademais dos membros das forzas e corpos de seguridade, ademais de Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia e Fademga-Plena Inclusión Galicia, e Josefa Rodríguez, presidenta de Aspadisi.

A reunión permitiu planificar o evento, que reúne en cada edición a preto dun milleiro de persoas das catros provincias galegas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------