O Psdeg-Psoe de Ourense require ao grupo de goberno o “peche inmediato” dos “prostíbulos” e “clubs de alterne” situados no concello

Dende o grupo municipal socialista considérano unha medida “urxente” para paliar a doble pandemia que se produce neste tipo de locais: as dificultades que se darían no caso dun gromo e o machismo

Os socialistas demandan que se tome esta medida en consonancia coa orde emitida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia do 15 de agosto e pola cal se ordena o peche de tódolos locais de ocio nocturno

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE de Ourense solicita ao grupo de goberno de Partido Popular e Democracia Ourensana que ordene o peche inmediato dos locais de ocio nocturno e os clubs de alterne e prostíbulos situados no Concello, en cumplimento da normativa sanitaria da Xunta de Galicia e tal e como veñen desenvolvendo outros concellos da provincia, coma o de Xinzo de Limia no que esta semana se ordenou o peche do único prostíbulo da vila.

Dende o grupo municipal socialista considérano unha medida urxente e fundamental para paliar a doble pandemia que se produce neste tipo de locais. Por unha banda, evitar a propagación da COVID-19 e as dificultades de rastreo que suporían no canto de que se produxese un gromo nalgún destes locais polo secretismo e a confidencialidade en torno aos mesmos e á súa clientela. E por outra banda, a loita contra a lacra machista e o silencio xerado en torno ás traballadoras dos clubs.

Así o denunciou o voceiro socialista no Senado, Ander Gil, que asegurou que "os prostíbulos son un foco de contaxio de dúas pandemias: A COVID-19 e o machismo. Ambas son un risco para a saúde pública". "Un dos colectivos máis afectados e máis silenciados durante todos estes meses" son tamén as traballadoras destes locais tal e como explican os últimos informes de Cáritas, aseguran os dende o grupo.

Así o denunciou o voceiro socialista no Senado, Ander Gil, que asegurou que “os prostíbulos son un foco de contaxio de dúas pandemias: A COVID-19 e o machismo. Ambas son un risco para a saúde pública”. “Un dos colectivos máis afectados e máis silenciados durante todos estes meses” son tamén as traballadoras destes locais tal e como explican os últimos informes de Cáritas, aseguran os dende o grupo.

Os socialistas demanda que se tome esta medida en consonancia coa orde emitida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia do 15 de agosto e pola cal se ordena o peche de tódolos locais de ocio nocturno e os prostíbulos atópanse dentro de esta categoría –café/bar especial, explican.

Deste xeito, os socialistas anuncian que esta será unha das primeiras medidas que tomen neste senso y que posteriormente estudan trasladar ao resto da provincia seguindo así a liña de traballo de defensa da igualdade, a loita pola sanidade pública e o fin da lacra machista que se fai cada día máis evidente mentres non se pechen este tipo de locais destinados a favorecer a trata de blancas e á explotación sexual á que se debe poñer fin.