O Carballiño: A rúa Tomás María Mosquera nos anos 60. Comercios e profesionales. ( I )

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


Rúa TOMÁS MARÍA MOSQUERA (I)

Inicialmente, ao tramo da estrada de Barbantiño a Pontevedra que atravesaba Carballiño constituía a rúa Principal do pobo e coñecíase como rúa do “Recreo”. Popularmente, o tramo que ía da Praza Maior ao cruzamento da estrada de Ribadavia coñecíase como rúa do “Comercio”.
A Corporación municipal, sendo alcalde Pablo Rodríguez, adxudica este tramo a Tomás María Mosquera, tras a súa morte, acaecida en 1890.


Retrato de Tomás María Mosquera. Fotografía de José Suárez sobre orla litográfica de Zaragozano. Inscripción: «La Asamblea Constituyentes de 1869 / [facsímil de la firma] / (Diputado por Orense)». Biblioteca Nacional de España.
Carballiño, 1947, Foto Alberto Martí

Tomás María Mosquera García (Castrelo de Cea, 10 de novembro de 1823 – Madrid, 30 de abril de 1890) foi un político español. Avogado, afiliado ao Partido Liberal, foi deputado por Ourense nas Cortes de 1869 tras A Gloriosa, cargo do que dimitiu en xaneiro de 1870 ao ser nomeado director xeral do rexistro da propiedade. Recuperou o escano en marzo do mesmo ano e foi reelixido deputado nas eleccións de marzo de 1871 polo distrito de Carballiño; en maio de 1872 polo distrito de Quebradillas en Porto Rico, en agosto de novo por Carballiño á vez que por Bande tamén en Ourense e por Coamo en Porto Rico, optando polo escano de Carballiño.

Ministro de Ultramar entre xuño e outubro de 1871, de Gracia e Xustiza interino en agosto de 1871, de decembro do 1872 a febreiro de 1873 (proclamación da Primeira República), novamente ministro de Ultramar e entre xaneiro e maio de 1874 (república autoritaria do xeneral Serrano) ministro de Fomento. Tras a restauración borbónica en España, en 1881 foi elixido senador por Ourense e en 1883 senador vitalicio e vicepresidente do Senado. (Wikipedia)

Gastos pola adquisición e colocación da placa. 1917

Na sesión Plenaria do 4 de maio de 1890 “Polo Presidente foi manifestado o falecemento do Ilustre fillo deste Partido, Vice-Presidente do Senado i Ex-Mi­nistro de Ultramar e Fomento EXCMO.SR.D.TOMAS MARIA MOSQUERA, e como recordo a quen lle representou en Cortes e tanto interese tomou en tódalas ocasións, dispúxose que a rúa chamada “DO COMERCIO” deno­mínese a partir de ahora “Calle de MOSQUERA” e a rotulada “ARQUIMI­DES” sexa sustituida pola de rúa “DEL MIÑO”.

Na Sesión plenaria do 12/08/1.917 : Renóvase a placa na que consta o nome do Ilustre Fillo D.Tomás María Mosquera, e ponse unha lápida nova na casa donde viviu o Ilustre Patricio.

Rúa Tomás María Mosquera desde a plaza do Retortillo

Na novela da condesa de Pardo Bazán, o personaxe de Don Victoriano encarna a Tomás María Mosquera. No seu capítulo IV, así describe dona Emilia ao ilustre político á súa chegada a Vilamorta (O Carballiño):

COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…

RUEIRO DA RÚA TOMÁS MARÍA MOSQUERA


CAFÉ ROYAL-CONFITERÍA ROYAL

Mentres existiu, o Royal foi o café máis concorrido e coñecido do pobo, non só pola súa situación, senón tamén polo feito de ofrecer ademais aos seus clientes doces propios, por ter un local amplo para festas e por ser o único do pobo que posuía unha estupenda mesa de billar.

Os propietarios do establecemento eran JOSÉ ANTONIO PÉREZ NOGUEIRA e a súa esposa ROSA CALVO.

Cos propietarios da confitería Cerviño: Lola Fernández y Luis Cerviño

Á fronte da pastelería, estaba a Maruja Calvo, familiarmente coñecida como “A Pesqueta”. Maruja era irmá de Rosa, a muller de José Antonio. Ambas eran irmás da muller de Camilo ” Larodry” e coñecidas como ” as Melochas”.

“Pezqueta”, cuñada de José Antonio, conversando delante del  café.

O matrimonio tivo tres fillos: José Antonio “ Totoño”, casado cunha mejicana dos Álvarez Macedo; Araceli casada con Agustín Pazo (Pica) empregado do Banco Pastor; Chicha, casada con José Luis González, de Maside, empregado da Caixa Ourense.

Totoño con compañeros del Banco

Permiso para instalar toldo. 1960

No seu local celebrábanse concorridas festas.

En 1961, adquire a propiedade o banco Pastor para edificar a súa nova sede e o café Royal pecha.

Baja fiscal del café Royal. Octubre, 1961

Ao allear o edificio no que se atopaba o café e a confeitería, JOSÉ ANTONIO trasladou esta última a este baixo

Pandilla de mozas diante da pastelería.
Permiso para acondicionar o local. 1961
Permiso para letrero luminoso. 1962

BANCO PASTOR

La entidad bancaria más antigua de Carballiño, en la que, con seis años, mi tía Carmen me abrió mi primera catilla de ahorro. ( Nota de Santiago Cacho )

Letra de cambio de 1926

A importancia da entidade e o exiguo do local do número un motivaron o traslado das oficinas.

A entidade compra a propiedade do Royal e edifica para albergar as novas oficinas. Era director da sucursal D Vicente Manuel Torres Sánchez

Vicente Torres cos directivos do Casino
Permiso para anuncio de compra. 1961
Prórroga de derribo concedida. Febrero 1961
Solicitud de línea de construcción. Agosto 1961
Permiso de construcción. Octubre 1962
Permiso para trasladar la línea telefónica. Junio, 1964

A nova sede inaugurase no 1965

Permiso municipal definitivo de habitabilidad. 1966

O novo edificio albergará as oficinas da entidade ata a súa desaparición como tal no 2018, ao ser absorbida polo Banco de Santander.


DENTISTA JANEIRO

Don JOSÉ JANEIRO LAMAS instalou a súa clínica no segundo piso desta casa ubicada no comezo da rúa Tomás María Mosquera e cuxa fachada lateral da a Praza Maior

Foto cedida pola familia
Permiso para rótulo no balcón. 1959
Foto cedida pola familia
Permiso para placa en la puerta del edificio.1960
Foto cedida pola familia Cadro de Juan Valcarcel

TEJIDOS EL DÍA

Este comercio de tecidos creárono en 1941 os irmáns AMADEO e HIPÓLITO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ.

En 1956, Hipólito independízase e Amadeo reforma a tienda.

Desde entón é AMADEO, familiarmente coñecido como “ Amadeo Fariñas” (alcume que provén da actividade do seu pai, propietario do “ Muiño dás Lousas”) o que rexenta este comercio coa súa esposa AURITA VÁZQUEZ. O matrimonio tivo unha filla: MILAGROS, coñecida como ” Mila Fariñas”.

Permiso para rótulo y toldo. 1962
Programa fiestas, 1963

O comercio pasou a chamarse ” Comercio Fariñas ” e a finales da década dos 70 traspasouse convertindose en ” Tejidos Agustín “

Tomás María Mosquera, 3 Na actualidade

CALZADOS BLANCO

O propietario do establecemento ANSELMO BLANCO e a súa esposa, PEREGRINA CORRAL, vivían co seu fillo José Manuel no primeiro piso, encima da tenda.

Faro de Vigo, 1961
Programa de fiestas, 1963
N0 baixo estaba a tienda de zapatos ” Calzados Blanco “. Nesta casa viviu Tomás María Mosquera. En 1917 adicaronlle unha placa conmemorativa

QUESOS CASTRO

Esta quesería tradicional pertencía a JOSÉ CASTRO RODRÍGUEZ, casado con MARÍA PÉREZ GONZÁLEZ e pais de José, Camilo e Carmen.

Permiso para toldo. 1965
José e María
Foto da tienda No marxe superior esquerdo vese a placa adicada a Tomas Mª Mosquera

PRACTICANTE MOLINA

O practicante EUGENIO MOLINA tiña o seu pequeno despacho no primeiro piso do edificio e vivía no segundo coa súa nai IGNACIA, comadrona de profesión


SASTRERÍA HERMESINDO

A sastrería do señor HERMESINDO ÁLVAREZ, domiciliado na Carreira, ocupaba a planta baixa do edificio propiedade de Avelino Castro, dentista afincado nas Canarias

Permiso para retejar solicitada por un inquilino.1961

En dita sastrería tiña lugar unha das tertulias diariamente moi concorridas. Acudían os comerciantes e profesionais da contorna e algún que outro personaxe peculiar da época, como o coñecido como “O Calzasachos”, que se prezaba de dedicarse a descubrir tesouros.

Hermesindo foi pai dun fillo e unha filla.

Nun momento dado, trasladou a sastrería á rúa Riveiro.


CASINO

Desde a súa creación, o Casino tivo a súa sede na planta principal do edificio do Cine Rivas.

Ao adquirir á familia Nieto Campos o edificio do número 6 de T. Mª Mosquera, a entidade traslada as súas instalacións a este edificio, máis céntrico.

O 23 de agosto de 1966 inaugurabase o novo local

Publicación na Voz de Galicia ( Premer na Imaxe )

Permiso para rótulo de adquisición. 1965
Primeira Xunta Directiva do Casino
1968 2ª Festa da Mimosa
8 dfe febreiro de 1969. 3ª Festa da Mimosa Raiña Mª Esther Sobrino Míguez
Solicitud para construir salón de baile. 1966 mayo
Informe favorable para la sala de baile. 1966 septiembre


NOVEDADES MARILÓ

O comercio “Novedades Mariló” abriuno en 1959 JESUSA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, tamén coñecida como “ Jesusita Fariñas”, casada con BENJAMÍN LORENZO PÉREZ, familiarmente coñecido como “O Mineiro”.

O Matrimonio tivo tres fillos: José Benito, María Dolores e Jesús Hipólito.

Foi José, coñecido familiarmente como “ Pepito Mariló”, quen continuou co negocio familiar ata 1999.

Permiso para toldo (el número está equivocado). 1964
Na actualidade

CINE NEIRA

Toda a propiedade do número 8 da rúa Tomás María Mosquera pertencía a Cesáreo Sobrino Pereira.

Permiso de obra, al cerrar el cine y el café. 1963

O Cinema Neira, promovido por don JOSÉ NEIRA, un violinista carballiñes concertino da Filarmónica de Madrid, foi o primeiro cinema de posguerra en Carballiño. A Neira coñecíaselle popularmente como “Pepe Lemoco”, nome do personaxe de cinema ” Pépé le Moko

Á sala de proxección, un barracón situado detrás do edificio nobre que daba á rúa, accedíase polo canellón que segue existindo e separa na actualidade o banco BBVA e o Casino.

O Cinema Neira pechou as súas portas en 1964, ao non poder competir cos outros tres en comodidade e tecnoloxía.


CAFÉ NEIRA, “MANOLITO”

Na época da nosa crónica, rexentaba este café-bar o entrañable MANUEL VÁZQUEZ LORENZO quen naceu en Cuba. O seu pai emigrará a ese país. Unha vez pechado o cine Neira Manuel emigrou entre outros paises a Holanda e Italia

partido Radical Republicano O segundo pola dereita sentado é o pai de Manolito ( Foto cedida pola familia )

MANOLITO e a súa esposa CONCHITA FERNÁNDEZ tiveron tres fillos: Chicha, Manuel “ Pachi” e Fifa.

Pachi foi alcalde do Carballiño desde o ano 1995 ata o 2005, cando foi nomeado Conselleiro de Medioambente na Xunta de Galicia

Contribuciones, 1961
Posteriormente, neste local, instalouse provisionalmente a farmacia Santamaría, mentres duraron as obras de construción da súa nova casa no 27 desta mesma rúa.

 SPORTING CLUB

O Centro Recreativo Sporting Club sobreviviu ata iniciar a década dos 60, data en que desapareceu.

Escalera de entrada.

Revista Ambiente,1952

Subíase ao local por unha escaleira ampla con entrada polo canellón do cinema.
“Vellas historias, vellas fotografías”, Miguel Anxo Fernández, 1992.
Palco da orquesta.
Programa de festas de setembro. 1959

Socios no salón-cafetería

Nos seus comezos, o Cine-Club tivo a súa sede neste local, cedido por Cesáreo Sobrino.


TEJIDOS FARIÑAS

Ao separarse do seu irmán Amadeo co que tiña o comercio “O Día”, HIPÓLITO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ abre en 1956 esta tenda de telas.

Revista Ambiente, junio 1956
Recorte de prensa da época.

Hipólito era familiarmente coñecido, do mesmo xeito que o seu irmán Amadeo, como “O Fariñas”, ao ser fillo de José Rodríguez Lourido, propietario do “ Muiño dás Lousas”.

Hipólito estaba casado con AIDA IGLESIAS REINO. O matrimonio tivo tres fillos: Hipólito, Pepe e Mercedes.

Foi Merche a que continuou co negocio familiar, apoiada polo seu irmán Pepe e a súa esposa Belén.

Permiso para toldo.1962

Programa festas de septiembre. 1963

 LIBRERÍA MAGARIÑOS

Esta coñecida librería era propiedade do matrimonio ANTONIO MAGARIÑOS e AMPARO RODRÍGUEZ.

O matrimonio tivo cinco fillos: María Teresa, Antonio, Juan, Pepe e Felisa.

A desgraza cebouse coa familia, cando, ao iniciarse as vacacións de verán, a finais de xuño de 1947, dous dos seus fillos, ANTONIO de 16 anos e JUAN de 14 anos, internos nun colexio de Vigo, afogáronse no Arenteiro cando daban un paseo en barca.

O colaborador de badalnovas.com Juan Lois Mosquera relata a historia deste triste acontecemento nun ártigo publicado no xornal

Enlace ao ártigo.

https://www.badalnovas.com/2021/07/23/verano-1947-los-hermanos-magarinos-se-ahogan-en-el-rio-arenteiro/

Ao falecer o seu esposo, AMPARO RODRÍGUEZ mantivo aberto o negocio algún tempo.

Permiso para modificar fachada. Junio 1961

Permiso para toldo. Septiembre 1961

CALZADOS SILVARES

Na planta baixa desta casa da familia Pérez-Cabo, instalou o seu comercio JUAN SILVARES.

Permiso dado a Salomé Cabo para colocar vitrinas na planta baixa. 1924.

CAFÉ PEÑASCO

O fundador deste café foi David Rodríguez. Ao falecer David, mantiveron aberto o café a súa viúva, Consuelo Fernández, e as súas fillas, Emilia, Pepita (casada con Antonio Quintas) e Adela, coñecidas como “ As Peñascas”.

Consuelo Fernández viúva de David

Hai dúas versións con respecto ao nome do café. Unha lembra que enfronte, na casa de Cesáreo Sobrino, antes de que o señor Neira puxese o café e o cinema, había unha sociedade que se chamaba “La Peña”. A outra, sostén que o nome do café débese ao PEÑASCO (hoxe desaparecido) situado na esquina da dereita da entrada principal, encima do que puxeran unha laxa para utilizalo como banco

” As Peñascas” con clientes

Adquiriu o traspaso do café FIDEL PEREIRA que era irmán de Camilo, o do bar “ Chupete”, e Bernardo “ Malaví”, o barbeiro da Praza Maior.

FIDEL e a súa esposa CELSA tiveron tres fillos: Rosa Mari, Chicho e Marili.

Permiso para reformas interiores. 1961
Permiso para toldo e terraza. 1962

O Peñasco foi un dos primeiros cafés en poñer a televisión.

Programa de festas de setembro.1963

Suponse que o sobrenome popular de Fidel, “O Rocha”, podería ser unha deformación da palabra roca, referida ao citado peñasco da entrada, hoxe desaparecido.


CHOCOLATES LA TORRONESA

Esta industria pertencía a HÉCTOR GONZÁLEZ GODÁS e tiña tamén acceso pola rúa Margarita Taboada.

Permiso de obras. 1961

Ao desistir por enfermidade o alcalde titular CAMILO RODRÍGUEZ PÉREZ, o señor GONZÁLEZ GODÁS ostenta devandito cargo a partir de 1961

Acta do pleno de marzo de 1961
Permiso para letrero. 1966

Héctor estaba casado con “Pili” Uribarri, filla dun vasco que traballou na construción da vía férrea. O matrimonio tivo tres fillos: Carlos, Javier e Héctor. Este último seguiu coa empresa familiar uns anos


TEJIDOS CARBALLIDO

JOSÉ CARBALLIDO, fillo do propietario da fábrica de madeiras, adquire o traspaso da tenda de Tito Álvarez ao iniciar a década dos sesenta e abre en diciembre de 1964 a tienda como paquetería mercería.

Foto Manolo Celta


Permiso para reformas. 1963

Posteriormente adquire a propiedade e amplia a gama de productos.

JOSÉ CARBALLIDO casou con CONCHA PUGA FERNÁNDEZ, da familia de ” O Cancán ” con quen tivo dous fillos: JOSÉ MANUEL e ANDRÉS

Permiso para rótulo. 1965

Chegado o momento de xubilarse José, foi o seu fillo Andrés quen atendeu o negocio ata o seu peche en 2020.


BARBERÍA “SANTIÑOS”

EDUARDO RODIÑO, familiarmente coñecido por “ SANTIÑOS”, tiña a barbaría na esquina rúa T.M. Mosquera e Margarita Taboada. Eduardo era pai de Eduardo ” Lalo” e María José.

Eduardo co seu fillo “Lalo”, diante do establecemento.

Despois estuvo ali o Establecemento Alemparte

A familia ” Santiños ” eran veciños da Carreira

Venta da propiedade famliar a Fenosa. 1966

FERRETERÍA “LORENCITO”

A ferretería de LORENZO GARCÍA PANIAGUA era o establecemento do ramo máis antigo de Carballiño.

Factura a nome de Higinio Rodríguez “da Lebre” de 1925 

Na época da nosa crónica, rexentábao o seu fillo, don EVARISTO GARCÍA, xuíz de profesión, familiarmente coñecido por “O Lorencito”

“Lorencito” ca Curia carballiñesa despidindo ao xuiz Rajoy
Permiso para rótulo de traspaso. 1964

Don Evaristo e a súa esposa Esperanza tiveron 5 fillos: Juan Lorenzo, Evaristo, María Jesús, Apolinar e José Luis, que ostentou o cargo de alcalde de Carballiño nos anos 1991,1992 e 1993

cartaz electoral no ano 1991

Enlace ao documento publicado en badalnovas Eleccións Locais 1991 Premer na Imaxe


COMESTIBLES “LA PORTUGUESA”

    O propietario do edificio era José Pazo González.

Permiso para perforar un  pozo. 1965

Rexentaba esta tenda de comestibles JESUSA ÁLVAREZ, coñecida como “A Portuguesa”, casada co portugués ALVES. Na tenda vendía, ademais, o pan que cocía no seu forno de Flores.

A la derecha, casa con el horno y la vivienda de la familia Alves-Álvarez en Flores.

O matrimonio tiña varios fillos. O máis novo, Eduardo, tocaba o acordeón ca orquesta “Sur” nas festas das aldeas.


COMESTIBLES ” O MARAVILLAS”

Non lembramos o nome da persoa á que se coñecía familiarmente como “O Marabillas”, pero si o seu mandilón gris e o bacallau colgado na entrada da tenda. Tampouco lembramos o nome da súa esposa. Lembramos aos seus dous fillos: RAFAEL, mestre en Carballiño e MANOLO, médico en Estados Unidos. A propiedade comprárona posteriormente os donos da Reloxería Boborás.


PELUQUERÍA REY

            Na época de referencia, atendía esta peluquería INÉS RODRÍGUEZ, casada con un Banga.


COMESTIBLES JULITA

JULITA era natural de Mesego, cuxos veciños eran os seus habituais clientes, aos que lles permitía deixar as cousas mentres facían o resto das compras en Carballiño. Julita vendía bocadillos, chiches, froita e algúns artigos de ultramarinos. Enviudó moi nova, quedando ao cargo de PEPE futuro camioneiro e de ALFONSO, futuro axente de aduanas marítimas.


RELOJERÍA BOBORÁS

O fundador da reloxería foi MANUEL PORTABALES, casado con CONCHA PENEDO.

Reformas solicitadas por su suegro denegadas. 1959

Posteriormente, a reloxería trasladouse ao novo local do número 19. Proseguiron co negocio as fillas do matrimonio: Conchi e María.

Fachada 18 Cánovas
Fachada 19 Mosquera
Permiso para escaparate. 1966

RELOJERÍA ANTONIO CAMBESES

Coa reparación dos reloxos, ANTONIO PÉREZ CAMBESES, casado con TERESA NÓVOA VALCARCEL, completaba co seu traballo a oferta comercial da xoiería que as súas irmás tiñan na Praza Maior

Teresa Nóvoa, primera por la derecha, con sus dos cuñadas, a su izquierda.

ROSQUILLAS CORRAL

ANTONIO RODRÍGUEZ CORRAL e ISOLINA OBENZA ALONSO tiñan o obradoiro na parte posterior da casa, con saída por un canellón á rúa Margarita Taboada

O seu fillo Cesáreo ampliou o negocio e estableceu o obradoiro na Uceira e o despacho na Rúa do Baño, hoxe rúa do Uruguai.


FOTÓGRAFO AURELIO

AURELIO PÉREZ RODRÍGUEZ tiña o seu estudo na casa propiedade dos pais da súa esposa CONCHA LEDO.

Fotógrafo AURELIO

AGRADECEMENTOS:

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Decembro de 2022