Ribeiro en Común reclama transparencia nas poxas públicas e a rehabilitación dos inmobles municipais

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Ribeiro en Común vén de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria que celebrará mañá a Corporación de Ribadavia dende as 20,00 horas. Na proposta, solicítase que “o Concello de Ribadavia realice un censo de inmobles en mal estado de todo o municipio, priorizando os núcleos históricos e os centros urbanos, incluíndo a inspección e catalogación destes inmobles”.

Asemade, tamén demandan a posta en marcha dun “Plan de Transparencia, Comunicación e Publicidade Institucional de bo goberno local, informando á poboación local e público en xeral para atraer a potenciais compradores que queiran rehabilitar”, e que “a publicidade das poxas debe incluír a convocatoria a todos os membros da Corporación de Ribadavia, tal e como se facía antes”.

Finalmente, dende Ribeiro en Común reclaman un acordo plenario para que o Concello de Ribadavia “solucione a situación do seus inmobles e soares abandonados na zona monumental e retome as iniciativas realizadas polo anterior goberno”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------