A ESTREA DUNHA PARTE DA PELÍCULA DOCUMENTAL DO HISTORIADOR CARLOS MONTES, “CINCO ROMANZAS PARA EVA”, REALIZADA CON IA, E A CONFERENCIA SOBRE “A RESPONSABILIDADE DE PRANTAR UNHA ÁRBORE”, DE PABLO RODRÍGUEZ OITABÉN E PAULA RODRÍGUEZ, XESTORES DA ASOCIACIÓN CULTURAL E DO BOSQUE RIDIMOAS, INAUGURAN ESTE VENRES O XIV CONGRESO DO CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS.
O CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DE PENA CORNEIRA, OS ESPAZOS MUSEÍSTICOS NA PROVINCIA DE OURENSE, CON REFERENCIA AO RIBEIRO, A VISIÓN HISTÓRICA DO CLIMA NA COMARCA DO RIBEIRO E AS FESTAS MEDIEVAIS EN RIBADAVIA, COMPLETAN O PROGRAMA DA PRIMEIRA XORNADA.
O Carballiño, 1 de outubro de 2026.-Bota a andar este venres, 2 de outubro, o XIV Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, unha iniciativa de carácter bienal, que nesta edición leva por título “O Ribeiro: a cultura do viño, patrimonio, territorio e xentes”.
Na xornada inaugural o protagonismo será para Pablo Rodríguez Oitabén e a súa filla Paula, xestores da Asociación Cultural e do Bosque Ridimoas, que disertarán sobre “A responsabilidade de prantar unha árbore”.
Tamén acapara a atención a estrea dunha parte da nova producción documental realizada con IA polo historiador Carlos Montes “Cinco romanzas para EVA”, centrada na historia do Carballiño no século XIX e que dará pé a unha exposición-obradoiro sobre “A intelixencia artificial no audiovisual histórico”.
Catro interesantes comunicacións: “O conxunto arqueolóxico de Pena Corneira”, do arqueólogo Jorge Lamas; “Os espazos museísticos na provincia de Ourense: O Ribeiro”, de Fátima Braña Rey; “As festas medievais en Ribadavia: Gremios, touros e Xan D´Arzúa”, de Ana Gordín Veleiro, e “Visión histórica do clima na comarca do Ribeiro”, de José González-Cao, completan o programa desta xornada inaugural do congreso.
Haberá servizo gratuito de microbús entre O Carballiño e Cabanelas, que partirá da Avda. Evaristo Vaamonde, fronte ao templo da Veracruz, ás 15,45 h, e regreso ás 21,00 h.
P R O G R A M A
VENRES, 2
CASA DA BEXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO
16,00 h. Recepción aos congresistas e entrega de material.
16.30 h. Acto de Apertura. Autoridades académicas e institucionais. Presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas e directores do congreso.
17,00 h. Conferencia. “A responsabilidade de prantar unha árbore”. Autoría: Pablo Rodríguez Oitabén e Paula Rodríguez. Pablo Oitabén é fundador da Asociación Cultural e Ecoloxista Ridimoas, fundada en 1988. Conta con máis de 1.200 socios e xestiona unha superficie de 500 ha. no Ribeiro: O Bosque Ridimoas. Paula Rodríguez é secretaria da asociación.
18,00 h. “A IA no audiovisual histórico”. Inclúe a proxección da primeira parte do filme documental inédito “Cinco romanzas para Eva” (30´). Autoría: Carlos Montes Marqués.
19,00 h. “Visión histórica do clima na comarca de O Ribeiro”. Autoría: José González-Cao.
19,30 h. “O conxunto arqueolóxico de Pena Corneira”. Autoría: Jorge Lamas Bértolo
20,00 h. “Os espazos museísticos na provincia de Ourense: O Ribeiro”. Autoría: Fatima Braña Rey.
20,30 h. “As festas medievais en Ribadavia: Gremios, touros e Xan D´Arzúa”. Autoría: Ana Gordín Veleiro
21,00 h. Remate da xornada.

















