Un roteiro guiado ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, ao Castro de San Vicente de Avión e a Pena Corneira acapara a tención da segunda xornada do XIV congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

AS VARIACIÓNS E INCIDENCIA DO CLIMA NO RIBEIRO PROTAGONIZAN AS SESIÓNS DA TARDE, QUE SE COMPLETARÁN CON SETE COMUNICACIÓNS DE INTERESE HISTÓRICO

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño, 2 de outubro de 2026.-O cambio climático e a súa incidencia no Ribeiro terá protagonismo nesta segunda xornada do XIV Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas. Dous expertos nesta materia exporán diversos aspectos vencellados coa variación climática no Ribeiro.

Asimesmo, pola mañá, terá lugar un roteiro que nos levará ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, ao castro de Vicente en Avión e a Pena Corneira e Amiudal, aldea de nacemento do Alfonso Graña, chamado “o rei dos xíbaros”.

A tarde do sábado é unha das máis intensas, pois haberá sete comunicacións de interese histórico, arqueolóxico e educativo, ademais das dúas referidas ao clima.

PROGRAMA

SÁBADO, 3

CASA DA BEXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO

ROTEIRO POLO RIBEIRO. Visita guiada.

09,00 h. Trasladoen autobús dende O Carballiño a Ribadavia. Visita ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.  Guías do museo e Centro de Estudos Chamoso Lamas. 10,30 h. Traslado a Avión. Visita ao castro de San Vicente. Guías do Centro de Estudos Chamoso Lamas. 12,00 h. Traslado a Amiudal (Avión). Visita á aldea de nacemento de Alfonso Graña “O rei dos xíbaros”. Guías do Centro de Estudos Chamoso Lamas.  13,00 h. Traslado a Pena Corneira. Visita ao enclave natural e arqueolóxico. Guías do Centro de Estudos Chamoso Lamas. 14,00 h. Regreso ao Carballiño.

14,30 h. Remate da xornada matinal do sábado.

16,00 h. “Referencias históricas sobre o cárcere da Xurisdición de Castro Cabadoso”. Autoría: Juan Ignacio García García.

16,30 h. “José Germán Fernández, alcalde de Santiago de Compostela en 1936 e natural de Ribadavia”. Autoría: José Ramón Estévez.

17,00 h. “Panorama da Prehistoria recente ourensá. O caso das terras ao N. do Miño (Terras do Carballiño, Ribeiro e Ourense).                          Autoría: Fidel Méndez Fernández

17,30 h. “As universidades populares, unha alternativa de Educación Permanente libre e democrática”. Autoría: Margot Valcerce-Fernández             

18,00 h. “Fenoloxía de uva garnacha nas zonas altas da D.O Ribeiro”. Autoría: Miguel A. García Pérez

18,30 h. “A propiedade da terra no Ribeiro do século XVIII. O caso de Beade no Catastro de ensenada”. Autoría: Xosé Ramón Pousa.

19,00  h. “O Ribeiro ante o cambio climático: novos retos para a viticultura”. Autoría:  Diego Fernández Novoa

20,00 h. “Virtualización de patrimonio esquecido. O caso da granxa de Gomariz e o muíño do Toxal. Autoría: Rita Pérez Carou.

21,00 h. Remate da xornada do sábado.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------