Ribadavia volveu pedalear coa celebración da 30ª edición do Día da Bici, unha cita deportiva xa consolidada no calendario da vila e que volveu reunir a participantes de todas as idades.
A Praza Maior foi o punto de encontro dunha xornada pensada para facer deporte, desfrutar da bicicleta e compartir unha mañá ao aire libre. O percorrido levou aos participantes por Ribadavia, Francelos e San Cristovo, nunha actividade de carácter non competitivo.
Tres décadas despois, o Día da Bici continúa promovendo a actividade física e o uso da bicicleta, converténdose tamén nun punto de encontro para familias, amigos e afeccionados ao ciclismo.















