A historia do papel tamén forma parte da historia de O Carballiño. O recentemente inaugurado Museo da Fábrica de Papel A Lavandeira, situado xunto ao río Arenteiro, no Parque Etnográfico, recupera a memoria dunha actividade industrial pioneira na Galicia do século XIX e permite coñecer como se elaboraba o papel daquela, de maneira artesanal e aproveitando a forza da auga.
Durante a visita coincidimos cun grupo que realizaba un percorrido guiado por Felipe Senén, con quen tamén puidemos falar para coñecer máis detalles sobre a historia e o patrimonio que agocha este lugar.
O museo xa está aberto ao público e a entrada é gratuíta. Pódese visitar de mércores a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, con visitas guiadas ás 11:30 e ás 16:30 horas.
Un novo espazo para descubrir unha parte da historia industrial de O Carballiño e do seu vínculo co río Arenteiro.
















