Mónica Valencia denuncia a submisión e sometemento do Alcalde Xosé Carlos Valcárcel aos intereses de Jácome, a costa de enganar a Barbadás

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Asistimos a un novo capítulo nesta telenovela de trileiros entre o Sr. Valcárcel, que vende a quen sexa para seguir de Alcalde e Jácome, que o somete a cambio de seguir dándolle apoio. Alguén cre que o fan pensando na cidadanía de Barbadás?”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Dixémolo o outro día, e reitéroo hoxe, o Sr. Valcárcel demostra total incapacidade para gobernar. Cando Jácome mandou abandonar o goberno, Daniel Rey marchou. Agora Jácome acorda seguir, despois de atar un pacto na Deputación, e DO volve apoiar o Sr. Valcárcel. Todo a costa do desgoberno en Barbadás”

Barbadás, 07 de outubro de 2026. Mónica Valencia, nova candidata do BNG de Barbadás para as eleccións municipais do vindeiro ano, vén de denunciar a submisión e o sometemento do Alcalde Valcárcel aos intereses de Jácome, a costa de enganar a Barbadás.

Tal e como subliña a candidata do Bloque, “asistimos a un novo capítulo nesta telenovela de trileiros entre o sr. Valcárcel, que vende a quen sexa para seguir de alcalde, e Jácome, que o somete a cambio de seguir dándolle apoio. Alguén cre que o fan pensado na cidadanía de Barbadás?”.

Desde o BNG, “reiteramos a sensación de tempo perdido, non só estes días, se non estes meses e, por desgraza, todo indica que vai ser así ata as eleccións municipais do vindeiro ano”. 


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


“Lembremos que o Sr. Válcarcel, foi abandonado polo seu anterior equipo, o PSdeG-PSOE, tras unhas graves acusacións de acoso. Posteriormente, seguiu en solitario e saíu ao seu rescate o grupo de DO en Barbadás. Agora e tras 12 anos gobernando, está desesperado buscando a súa supervivencia persoal”. 

Segundo a candidata Mónica Valencia, “dixémolo o outro día, e reitéroo hoxe, o Sr. Valcárcel demostra total incapacidade para gobernar. Cando Jácome mandou abandonar o goberno, Daniel Rey marchou. Agora Jácome acorda seguir, despois de atar un pacto na Deputación, e DO volve apoiar o Sr. Valcárcel. Todo a costa do desgoberno en Barbadás”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------