O BNG reclama a renuncia ás actas dos concelleiros de Rairiz de Veiga.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Bloque Nacionalista Galego reclama aos actuais concelleiros de Rairiz de Veiga que solicitaron ser recoñecidos como non adscritos que renuncien ás súas actas, para permitir que outras persoas poidan asumir a representación municipal que a cidadanía outorgou ao BNG nas últimas eleccións.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta decisión prodúcese despois de que os concelleiros subscribisen unha moción de censura xunto co grupo municipal do Partido Popular e cun concelleiro non adscrito procedente do PSOE, unha iniciativa que non contou co coñecemento nin co aval da organización e que foi promovida á marxe dos órganos do BNG a nivel local, comarcal e nacional.

O BNG considera que, unha vez que decidiron abandonar a organización e o proxecto político co que concorreran ás eleccións municipais, o consecuente é que renuncien tamén ás súas actas e permitan que outras persoas asuman esta responsabilidade. As actas foron obtidas baixo o nome do Bloque Nacionalista Galego, no marco dun proxecto colectivo e dun programa político que a organización mantén o seu compromiso de defender.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O BNG considera que o respecto á vontade expresada nas urnas esixe actuar con responsabilidade e coherencia co proxecto político baixo o que se obtivo a representación. A formación nacionalista reitera, polo tanto, a súa petición de que os concelleiros renuncien ás actas e reafirma o seu compromiso coa veciñanza de Rairiz de Veiga e coa defensa dos intereses do municipio, traballando para que a voz que os veciños e as veciñas lle outorgaron ao BNG siga presente no Concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------