Os concellos do Carballiño e Leiro optan aos galardóns do certame ‘Vilas en Flor’

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro venres, 13 de novembro, terá lugar na localidade de Salceda de Caselas, en Pontevedra, a novena gala do concurso ‘Vilas en Flor Galicia’. Durante o evento,

O auditorio municipal de Salceda de Caselas acollerá dende as 12,00 horas o acto, no que se farán entrega das Flores de Honra 2026 aos 41 municipios participantes nesta edición. 

Concretamente, pola provincia de Ourense participan Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río; Chantada e Sarria polo de Lugo; Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Sada, San Sadurniño, As Somozas e Vimianzo, da provincia da Coruña, e de Pontevedra son os municipios de Caldas de Reis, Cambados, Covelo, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa.

O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto coa Asociación de Viveristas del Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Nesta edición, os organizadores volven contar co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------