Xantar posiciona a enogastronomía como a gran dinamizadora dos concellos rurais

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A terceira xornada de Xantar estivo centrada na promoción dos produtos e as festas gastronómicas de concellos do medio rural de Galicia. Hoxe foi o día dedicado ao Concello de Sober que leva 27 anos ininterrompidos participando no salón e ofreceu aos visitantes unha degustación dos seus dous produtos insignia: a rosca e o viño de Amandi.

Este sábado tamén foi o día elixido polo concello da Caniza para promocionar la 61ª edición da súa Festa do Xamón que terá lugar o 15 de agosto de 2027. Ofreceron unha degustación de xamón acompañado doutros produtos locais como o queixo, o mel e o viño. O mesmo fixeron desde o Concello de Vilariño de Conso ofrecendo o seu montonico, mel e produtos relacionados con castañas.

Aínda que continúa o intenso programa de showcookings e catas comentadas, esta xornada de sábado está máis orientada xa á visita de público xeneral que se achega ao salón para coñecer novos destinos, participar nas degustacións e comer ou cear nun dos restaurantes.
A actividade que maior público concentra é a cuarta edición do Concurso “Devorajalys” promovido pola empresa de patacas de Xinzo de Limia. Anotáronse máis de 40 candidatos que intentarán ser os que máis patacas fritas coman nun minuto.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------