Ourense, 28 de novembro de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mediodía no acto de entrega de trofeos e medallas aos deportistas gañadores da XVIII Copa Deputación de Volei Praia, nas súas diferentes categorías.
No acto tamén houbo un recoñecemento aos xogadores do Club Ourense Volei Praia que obtiveron dous ouros, dúas pratas e un bronce nos campionatos de España. “Quen empeza a xogar en Ourense ten en vós un exemplo moi próximo do lonxe que pode chegar”, dixo Menor, que felicitou e agradeceu ao club por organizar esta Copa Deputación e sostela durante dezaoito anos, no marco do apoio que a institución provincial ten comprometido co deporte base.









