Dende a administración local informan de que tomarán medidas ante a proliferación de enseres voluminosos depositados ó carón dos contedores do lixo. Asegura que é moi sinxelo facer as cousas ben. Mediante unha chamada ó concello, ó teléfono 988 28 20 00, é suficiente para solicitar a recollida destes mobles ou electrodomésticos no propio domicilio. Tamén se poden depositar no Punto Limpo do Carballiño, ubicado na estrada de Cea, ó carón da Mancomunidade. En ambos casos é un servizo gratuito.O concello recorda que, habendo estas opcións, non se debería depositar os refugallos de gran tamaño na rúa ou no monte, por estética, por salubridade, por respeto. E ademáis recordan que é unha acción sancionable. Fan saber ós veciños que, no caso de seguir con estas prácticas, tomaranse medidas sancionadoras para quen deposite estos enseres, unha acción que vai en perxuizo de todos.