O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese coa alcaldesa de Ramirás

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Ramirás onde mantivo unha reunión coa súa alcaldesa, Isabel Gil, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, a rexedora trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de arranxo do peche do CPI Rogelio García Yáñez, centro no que nestes dous últimos anos a Consellería de  Cultura,. Educación e Universidade levou a cabo reformas de carpintaría exterior, baños, cambio de luminarias e renovación de caldeira, entre outros.

Asemade a rexedora solicitou colaboración para o arranxo da cuberta da antiga escola Concepción Yáñez.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas en materia de promoción da igualdade e infraestruturas turísticas, entre outras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------