Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 206 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 8.066. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 146 (-23) persoas na UCI, e 583 (-81) ingresados.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe as cifras remóntanse ó 31 de decembro. Dende aquela data non se rexistraba unha cifra tan baixa. Contamos con 15 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 54 casos, ata os 578 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 67 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 na UCI. Na Área Sanitaria so hai catro concellos que superan os 20 casos activos e hai xa 29 concellos con 0 casos activos.