O equipo ourensán terminou a primeira proba do Campionato de Europa de Vehículos Históricos na posición 14 e terceiros da clase E4
O equipo ourensán Aukor Racing, composto por Carlos Sampayo e *Álex Cid, terminou na 14ª posición dentro dos participantes no Campionato de Europa de Históricos o seu debut no Rally Sanremo Stórico ( 29º posición da xeral conxunta co Campionato Italiano e terceira posición dentro da categoría E4), disputado os días 9 e 10 de abril en Italia.
As boas sensacións de Sampayo e Cid na xornada inicial víronse confirmadas na segunda etapa, cunha clara progresión nos tempos que lles permitiu escalar varios postos na xeral para finalizar dentro do Top30 e terceiros clasificados da categoría E4.
Aos mandos do Renault 11 Turbo construído tamén en Ourense e co hándicap de non rodar apenas quilómetros antes do inicio do proxecto continental, Sampayo e Cid foron descubrindo as melloras mecánicas instaladas no vehículo francés concluíndo a cita realmente satisfeitos, aínda que con traballo por diante en canto a reglajes.
En total foron 131 quilómetros en 14 especiais e dúas xornadas de competición nas que o equipo de Escuadra Ourense foi mellorando os seus cronos #ante os mellores especialistas europeos e italianos, todos eles con monturas máis potentes que a súa e nunha lista de rexistrados que contou con case 80 equipos na liña de saída.
Carlos Sampayo: “Estamos realmente contentos de completar a proba e máis de facelo no podio da clase E4, algo impensable cando saímos de Ourense para disputar a proba. A sensacións foron incribles durante toda a fin de semana, corremos todo o que puidemos aquí, pero estou seguro de que na próxima carreira iremos moito mellor e seremos máis fortes”.
Despois desta primeira cita, as miras do equipo póñense xa na segunda proba puntuable para o Campionato de Europa de vehículos Históricos que lles levará no mes de maio (entre o 5 e o 7) á República Checa, con motivo do Historic Vltava Rallye.