Esta fin de semana celébrase o Campionato Español Infantil de Kárate en Ourense. O Carballiño será un dos municipios que albergará ós preto de 700 deportistas que se dan cita neste evento, algúns deles hospedados no ApartaHotel Arenteiro, entre outros, procedentes de diversas zonas de España coma de Tarragona. O pavillón dos Remedios acollerá as competicións, divididas entre as categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil, con rapaces de entre os 7 e os 13 anos.
Este último ano foi complicado para os adestramentos, que se comezaron a facer de xeito online ata poder volver ó tapiz. Poder estar hoxe aquí é para todos un logro. Os máis pequenos, os protagonistas da xornada, amosáronse entusiasmados de poder participar en campionatos deste calibre.
Estes campionatos, ademais da competición dos mais pequenos, buscan manter viva a importancia do kárate para que siga sendo olímpico logo dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.