Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Alfonso Vilas Zarauza (Director de Cinema) e Martín Calviño González (Productor de Cinema) para falar do próximo filme a rodar en Ourense tituládo “A Máscara” e acompañados polo asesor de cultura da Deputación Ourense, Aurelio Gómez Villar.
O presidente da
Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao gran
triunfador dos XIX Premios “Mestre Mateo”, o director Alfonso Zarauza
-quen conseguiu este ano 9 dos 12 galardóns aos que aspiraba coa película Ons-,
xuntanza na que lle confirmou o apoio da institución provincial á que será a
vindeira película do guionista e director galego, Malencolía, filme que se
rodará na comarca do Carballiño.
Malencolía está
concibida como unha película de terror con temática tradicional galega, rodada
integramente en galego e cun equipo técnico e artístico cen por cen do país.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.