O concello instala os espellos na entrada ó Barrio de Flores para facilitar a visibilidade dos novos bolardos

Os primeiros días dende a instalación do bolardo que controla a entrada de vehículos ó Barrio de Flores están sendo de adaptación á nova normativa. O concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, indicou que os únicos que poden acceder a esta zona en vehículo son os propietarios, que agora contan cunha tarxeta vermella. Dende o concello son conscientes dos problemas de adaptación a estas novas normas pero advirten de que, se seguen manténdose no tempo, deberán de tomar medidas mais severas como a imposición de multas.  

O concello cumpriu hoxe ca petición de colocar os espellos para visibilizar a baixada completa do bolardo e que non haxa danos na sinalización e nos vehículos. Esta era unha petición dos usuarios, que destacaban que agora a nova tarxeta precisa que os vehículos se acheguen máis para que o lector a detecte.

AVANTAR ACTIVIDADES