A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presentou hoxe a programación da 37ª edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A 37ª edición da MIT desenvolverase ao longo de 10 xornadas cunha intensa programación en
múltiples lugares de Ribadavia, a maioría ao aire libre, coa incorporación de espazos singulares como as vistas ao val do Avia dende A Franqueirán, dentro do programa SputMIT, satélites da MIT. A Casa da Cultura, o Castelo, a Igrexa da Madalena e a Alameda, completan o conxunto de lugares nos que se poderá gozar de todo tipo de espectáculos, pezas de danza vertical sobre fachadas, pezas sobre memoria histórica e memoria cultural, teatro-circo, premiados espectáculos para toda a familia ou humor con actores e actrices da talla de Malena Alterio, Mabel Rivera, Tomás Pozzi, Luis Bermejo, etc.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A apertura do festival contará coa estrea do novo espectáculo de Jan Lauwers, Billy’s Violence, o día 16 de xullo, un espectáculo creado pola compañía Needcompany, a partir das dez traxedias de Shakespeare, e péchase o día 25 coa obra de teatro físico Dejà vu, do “artesán escénico” catalán recentemente premiado pola súa dramaturxia de teatro circo Manolo Alcántara. Ao longo dos días, o público poderá ir lendo o desenvolvemento dun relato escrito sobre os escenarios da fermosa vila de Ribadavia, un relato pensado e deseñado para facernos ver temas enfiados e fontes de creación con diversos estilos, como pode ser a obra dun autor clásico coma William Shakespeare, do cal teremos a versión plástica, musical e irreverente do Othello de Voadora (en coprodución coa propia MIT, o Teatro de la Abadía e o Teatro Nacional Saõ João de Portugal) ou a versión de limpeza física, de precisión vocal e forte impacto visual do Rey Lear de Atalaya, compañía xa coñecida e recoñecida na historia do noso festival.

Todas esas experiencias únicas que se viven nun festival de días intensos e de convivencia, entre o internacional e o máis próximo, como a celebración do 40 aniversario da compañía ourensá Sarabela coa posta en escena do seu autor fetiche, Manuel Rivas, con A lingua das bolboretas. Foros e cursos coma o de Amaya Galeote e Noemi Rodríguez, coreógrafa e directora respectivamente do espectáculo Terceiro Acto, que traballarán arredor do movemento escénico, a dramaturxia visual e a coreografía para corpos e formacións diversas, etc.

A programación completa pode consultarse na páxina oficial da Mostra: www.mitribadavia.gal. A reserva de abonos para todos os espectáculos do Castelo rematará o día 30 de xuño e a partir do 1 de xullo poderanse mercar as entradas de todos os espectáculo na wen www.ataquilla.com ou na propia oficina do festival, na entrada da Praza Maior de Ribadavia. O prezo varía entre os 5 e os 10 euros.

A MIT conta co apoio do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, a AGADIC-Xunta de Galicia, a
Deputación de Ourense, diversos patrocinadores privados, o propio Concello de Ribadavia e mantén un orzamento máis ou menos estable de arredor de 180.000€.