
O Parque Náutico de Castrelo de Miño reunirá desde hoxe, día 2, e ata o sábado día 4 a medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia na XXIII (23) Concentración de Escolas de Vela, regata incluída na Copa Deputación desta modalidade.
A regata, que ten programadas nove probas, está limitada ás clases “Optimist” e “Optimist Escola”.
A organización subliñou que non só manterá un estrito protocolo de seguridade fronte a Covi-19, senón tamén para evitar a introdución de especies invasoras nas augas do encoro.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------