Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 2 (+1) contaxiados únicamente. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe un caso activo, logo dunha semana sen contaxios. Punxín mantén un caso activo. Os demais concellos están libres de covid.
No Ribeiro, a comarca rexistra 3 casos activos, repetindo a situación de onte. Ribadavia presenta un caso activo. Leiro presenta dous casos activos Todos os demais concellos están libres de covid.