Música tradicional, este domingo no campo da festa de Brués

O vindeiro domingo, ás 19:00 horas, no Campo da Festa de Brués, no concello Boborás, haberá un concerto de música tradicional galega a cargo do grupo “Vaamonde&Romero”, con 24 instrumentos. A actividade é gratuíta, ó aire libre e con todas as medidas sanitarias. A actuación está subvencionada pola Xunta de Galicia a través do Programa Cultura no Camiño.