Veciños e socios reclaman un local para a Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño, ASDIFICA, convocou unha manifestación para este pasado sábado na Praza Maior do Carballiño. O seu obxectivo era contar co apoio da veciñanza na súa reivindicación por contar cun local propio, unha demanda e necesidade que levan reclamando dende fai anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación conta con máis de 100 membros, e organizan todo tipo de actividades, como cursos, formación para familiares, apoio psicolóxico e un gran número de actividades físicas e mentais. Durante esta manifestación, referíronse á normativa estatal e galega que abala os servizos para o seu colectivo.

Aseguran que levan moito tempo reclamando ó concello do Carballiño a cesión dun local. A última nova, en xuño do pasado ano, era a cesión dun espazo na estación de autobuses unha vez se construíra a intermodal. Ó coñecerse que se destinaría ese espazo para o novo centro de saúde, recibiron un duro revés, e aseguran que aínda non se puxeron en contacto con eles para falar dalgunha outra alternativa.