Dende o Centro de Información para a Muller do Carballiño organizan unha novidosa actividade para celebrar o Samaín. Trátase dun pasarrúas invocando ás meigas, para toda a familia, este próximo domingo. Terá a saída ás 18:00 horas dende a casa do concello, pasando pola rúa Principal, a Praza de San Ramón, a rúa dos Canteiros e chegando á praza maior.
Este acto foi presentado esta mañá no concello, da man da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Lupe Sobrado.