PP e PSOE xuntan os seus votos para impedir que a veciñanza poida recorrer a resolución das alegacións do PXOM

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende Espazo Común rexeitan a súa aprobación por non abrir un trámite que permita o recurso administrativo daquelas alegacións que foron rexeitadas.

Asemade denuncian a falta de transparencia e os “cambiazos” producidos no plan que benefician a membros do grupo de goberno.

COMERCIAL ORCELLÓN

No pleno desenvolto esta semana o grupo de goberno do PP de Piñor, acompañados do voto do concelleiro do PSdeG-PSOE, aprobaron o informe que sobre as alegacións presentadas ó Plan Xeral de Ordenación Municipal, elaborou o equipo redactor do mesmo;  máis de cinco anos despois da súa exposición pública.

Dende o grupo de Espazo Común preguntáronlle ó alcalde se se ía abrir un trámite administrativo  para que se puidesen recorrer as alegacións que fosen rexeitadas, sen necesidade de obrigar á xente a  gastar os seus cartos en recursos xudiciais, e máis tendo en conta a existencia de erros no informe de alegacións que poderían ser corrixidos sen necesidade de acudir á xustiza. A resposta do alcalde foi negativa. “Despois de estar máis de cinco anos agardando por ese informe, agora quérese aprobar a toda présa e de “tapadillo” sinalan dende Espazo Común ó tempo que indican:  “descoñecemos os motivos de tanta tardanza, semella que houbo negociacións por detrás con algúns dos alegantes  tal e como parecen indicar as resolucións arbitrarias e dispares de alegacións semellantes”.

Denuncian tamén a falta de transparencia, e citan como proba da mesma os máis de cinco  anos de silencio e iso que hai constituída una comisión municipal para o PXOM que se reuniu en contadas ocasións e onde non foi aportado  documento algún. A última, o 21 de xullo deste ano pódese cualificar de esperpéntica, trouxeron a un membro do equipo redactor a facer un resumo das alegacións, pero o documento  coas mesmas non lles foi facilitado pese que xa fora rexistrado no concello e o pediran o acceso a el,  antes e durante a reunión da comisión.

Tanta ocultación e opacidade, sosteñen que non poden ser debidas unicamente ó desleixo ou falta de interese nun documento tan importante para o desenvolvemento do concello; máis ben ten que ver coa intención de intentar tapar e que non se saiban os amaños que se fixeron no PXOM pola porta de atrás e que benefician a membros do grupo de goberno e da súa camarilla.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------