Como párroco de San Cibrao do Carballiño diríxovos esta invitación para colaborar con Ucraína desde a nosa Cáritas Parroquial. Desgraciadamente cada hora e cada día que
pasa asistimos con maior dor aos horrores da guerra nese país.
Hoxe, mércores de cinza, temos unha Xornada de oración e xaxún pedindo pola paz,
pero é tamén o momento da solidariedade e da axuda concreta a quen máis
nos necesitan nestes momentos.
A partir de hoxe nosa Cáritas Parroquial do Carballiño comeza unha campaña de recollida
e envío urxente de medicamentos e algúns aveños de primeira necesidade. O
diñeiro agora non é o máis necesario. Agradecémosvos colaborar coas cousas que
nos reclaman con urxencia.
Os que desexedes colaborar pedímosvos que o fagades pronto xa que as necesidades
apreman. A próxima semana sairá o primeiro camión dunha empresa de loxística que
se ofreceu a colaborar connosco para levar a mercadoría desde Galicia ata
a fronteira de Polonia con Ucraína onde se repartirá algunha mercadoría e outra seguirá ata a cidade ucraína de Leópolis, situada a 80 km da fronteira. Países como Polonia e
Alemaña están a facer un gran traballo de acollida, axuda e desprazamento dos
refuxiados a outros países. A nosa axuda irá directamente para axudar aos ucraínos
que permanecen no país e aos que se desprazan pola zona occidental cara a Polonia.
Periodicamente faremos máis envíos con este medio de transporte, así como levando
mercadoría desde O Carballiño ata a estación de Atocha en Madrid, de onde tamén
saen camións cara a Ucraína coa axuda doutras Cáritas parroquiais de España.
Campaña de recollida de Axuda Urxente para Ucraína do Carballiño
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















