A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño organiza para esta fin de semana unha nova edición de ‘Tasca e Literatura’, nesta ocasión correspondente á tempada de inverno, e que terá lugar o vindeiro domingo, a partir das 12,30 horas, na Bodega do barrio de Flores.
Unha tradicional actividade do colectivo cultural na que se comparte poesía, música e debate literario, e na que participarán Belem de Andrade, Rochi Novoa, Irene Veiga e Tania Godoy como poetisas convidadas, aínda que calquera persoa que se achegue ata a Bodega tamén é libre de aportar a súa arte.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Asemade, esa invernal ‘Tasca e Literatura’ tamén contará coa animación musical dos grupos folclóricos A Tribu e Cantos de Taberna.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















