BNG denuncia abandono parque etnográfico

Sofía García portavoz do grupo municipal do BNG do Carballiño denucia o estado de abandono do parque etnográfico do rio Arenteiro, na que como eles afirman, “ Atópase nun estado lamentable”

AVANTAR ACTIVIDADES

“O desleixo do goberno municipal ponse de manifesto unha vez máis. O muiño das Lousas está moi deteriorado, o do Anxo está pechado, a fábrica de papel segue pechada e outros elementos que non teñen os coidados precisos e que acaban degradándose ante a inacción dun grupo de goberno que fai só uns meses levaba esta situación no seu programa electoral como unha das súas prioridades”, manifesta a concelleira nacionalista.

Sendo unha das xoias naturais da vila non se coida, non se rehabililita, e non se pon en valor. E peor ainda, o deterioro de varios elementos xera zonas perigosas para a veciñanza, os visitantes e os máis cativos. Madeiras podridas que non manteñen a súa integridade estrutural, barandas das pasarelas do río tan deterioradas que poden xerarse problemas de gravidade. E a mala imaxe de elementos senlleiros case en estado de ruina, pallozas que perderon teitos de palla, o muiño e a casa do muiñeiro pechada, mesmo o restaurante, pechado desde 2013 atópase xa en estado de ruina agravados polos efectos do bandalismo.

O LAVADOIRO DE TOSCAÑA

A pesar dos auncios en prensa desde varios meses previos ás eleccions municipais, e dos titulares de rehabilitación ofredidos polo goberno municipal, a situación deste espazo singular de O Carballiño corre a mesma sorte de abandono e desinterés institucional que o resto do parque. A situación que xa foi alertada polo BNG en varios plenos municipais, “continúa cun teito degradado estruturalmente, con buracos e do que caen tellas. Unha situación que se alonga inaceptabelmente no tempo. Os proxectos de rehabilitación quedaron ate o momento en titulares de propaganda preelectoral”