AMICA convoca concentracións

Convocatoria para as concentracións que se levarán a cabo o día 25 de novembro con motivo do día internacional contra a violencia de xénero.
Será unha dobre convocatoria unha as 11:30 da mañá e outra as 19:30 da tarde na praza maior do Carballiño. De este xeito queremos dar a posibilidade de participación a tod@s aqueles que queiran achegarse, podendo así conciliar coa súa vida laboral ou familiar.
Nelas lerase un manifesto que irá seguido dun respectuoso minuto de silencio pola memoria das vítimas mortais do ano 2019. Seguidamente repartiranse uns panfletos que honran as falecidas.
Esta actividade levarase a cabo pola agrupación convocante.

Publicidade

AMICA
Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño.