Foro social e cultural terras de Breogán

Membros desta asociación mantivemos unha reunión co Sr. Alcalde de O Carballiño, para trasladarlle varias peticións que acordamos na ultima reunión, entre elas as seguintes:
CELEBRACION “OS MAIOS”
Dentro das actividades programadas da asociación, temos previsto recuperar “Os Maios”, que algo mais de dúas décadas que non se celebran na nosa vila, e que a xuventude seguramente descoñece. Este tipo de actividades e unha forma de fomentar a integración, o contacto e respeto a natureza, coñecer o noso patrimonio medioambiental.
“Os Maios” sempre foi unha festa tradicional no noso pobo, que se celebraba a principios do mes de maio, e que involucraban principalmente as asociacións veciñais e os centros educativos, que participaban facendo as distintas representacións, adornando con xesta, carrabouxos, flores silvestres, follas, fentos ou calquer outro elemento natural atopado nos montes do entorno, e non faltaban as coplas en tono satirico
Nas vindeiras semanas temos previsto contactar cos centros educativos, e as distintas asociacións, para acadar apoios a esta iniciativa.
CENTRO CIVICO
A nosa vila precisa de espazos públicos de cohesión social, donde a cidadania en xeral poida participar de obradoiros formativos, actividades que fomenten valores sociais, que debido a fenómenos como a globalización, redes sociais etc, perderonse os espazos fisicos e institucionais de referencia. Tamén estamos a experimentar unha evolución motivada pola chegada de emigrantes retornados, principalmente, de paises de sudamerica, que xunto co noso patrimonio nos aporta unha rizqueza cultural, que debemos saber administrar, e por que despois dunha visita de varios membros desta asociación, consideramos que o Centro Comarcal de titularidade da Xunta de Galicia, situado na zona do Cornuval, podríase adaptar as necesidades expostas anteriormente, debido a que actualmente ten uns 1.000 m2 , máis a área exterior que podría servir como zona de esparcemento.
Polo que, propoñemos que valoren a posibilidade de solicitar a cesión deste edificio para que sexa de titularidade municipal, e poida albergar este tipo de iniciativas como “Centro Civico”.

Publicidade