Programa de Nadal en Ribadavia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • O programa iníciase mañá día 6 decembro co acendido do alumeado navideño e contempla unha chea de actividades para públicos de todas as idades.
  • A programación inclúe novidades como un roteiro de música tradicional e panxoliñas que fará chegar a animación a diferentes localidades do concello; asi coma unha escola de Nadal para os mais cativos con visitas a Perlim e Pazolandia.

O Concello de Ribadavia ven de presentar as diferentes actividades programadas para este Nadal 2019. O programa conta con un amplio abano de actividades para todos os públicos e con unha especial atención aos máis cativos e ás medidas de conciliación da vida laboral e familiar. Dentro deste ámbito destaca unha “Escola de Nadal”, levada a cabo en colaboración co espazo educativo Bolboretas e con Estudio Arte, que se celebrará entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro e que inclúe cine, festa, obradoiros e execursións a Perlim e Pazolandia. A Escola conta con 50 plazas para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos e ten un prezo de 30€ para as familias empadroadas en Ribadavia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais desta escola de Nadal, os mais cativos poderán disfrutar tamén do tradicional “Ribanadal” que se celebrará no polideportivo do Consello entre os días 23 e 31 de decembro, e da escola musical que organiza A Lira de Ribadavia para os amantes da música.

O programa de Nadal do Concello de Ribadavia incluirá nesta ocasión novidades importantes coma  o Roteiro de Música Tradicional e Panxoliñas, que fará chegar o ambiente festivo a diferentes localidades do Concello.

Ademais, o programa inclúe un festival de maxia (FEST MAX), os días 6 e 7 decembro na igrexa da Madalena, concertos, cine infantil, teatro a cargo de Teatro do Vilar, o Ciclo de humor “Viño e Risas” (Luis Zahera e Carlos Blanco) o Mercadillo de Nadal organizado polos Establecementos Asociados do Ribeiro os días 21 e 22 de decembro na plaza buxán e a igrexa da Madalena, un obradoiro de introducción á impresión 3D, un obradoiro de cine de animación, un obradoiro de “Minecraft”, a “Carreira Pedestre Popular” que se celebrará o 22 de decembro, a tradicional Cabalgata de Reis e outras moitas sorpresas que se irán develando en próximas datas.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “nesta ocasión dende o concello apostamos por levar a cabo todas as actividades do Nadal con empresas de Ribadavia como Bolboretas, Estudio Arte, OcioAvia e Pintamonas e ademais buscamos a colaboración activa de colectivos e asociacións locais como AMECHIR, A Lira de Ribadavia, Teatro do Vilar, Establecementos Asociados do Ribeiro, A Chairiña, Cruz Vermella, Lóstrego, As Lajartas, Mulleres Rurais, os Magos do Ribeiro e moitos outros colectivos veciñais aos cales estamos profundamente agradecidos pola súa colaboración.

Agora agardamos que este programa de actividades, o alumeado e a decoración navideña sexan do agrado de toda a veciñanza e das persoas que visiten Ribadavia neste Nadal.”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------