Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4

IES CHAMOSO LAMAS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados
de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento
PL500C).

Mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG núm. 54, do 18 de marzo), convocáronse as probas para a obtención dos
certificados de lingua galega dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño deste
ano. Co fin de seguir atendendo a demanda cidadá neste ámbito, considérase necesario
efectuar unha segunda convocatoria destas probas en 2022.
Xa que logo, de acordo co previsto no artigo 7 da Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG
núm. 146, do 30 de xullo), logo da proposta formulada pola Comisión Central de Avaliación,
convócanse as probas para a obtención dos certificados de coñecemento da lingua galega
Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

HIPER MASIDE

DOG Premer na Imaxe