Espazo Común: Moción para arranxar a biblioteca

Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN PARA ARRANXAR A BIBLIOTECA MUNICIPAL en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

AVANTAR ACTIVIDADES

“A liberdade, a prosperidade e o desenvolvemento da sociedade e dos individuos son valores humanos fundamentais. Éstes só poderán acadarse mediante a capacidade dos cidadáns ben informados para exercer os seus dereitos democráticos e desempeñar un papel activo na sociedade. A participación constructiva e a consolidación da democracia dependen tanto dunha educación satisfactoria coma dun acceso libre e sen límites ao coñecemento, ao pensamento, á cultura e á información. A biblioteca pública, acceso local ao coñecemento, proporciona as condicións básicas para a aprendizaxe ao longo de toda a vida, para decidir libremente e para o progreso cultural do individuo e dos grupos sociais”.

Manifesto da UNESCO sobre a Biblioteca Pública. 1994.

Esta introducción é unha de tantas razóns que poderíamos esgrimir para defender a necesidade e obrigación moral de contar no Carballiño cunha Biblioteca Municipal en condicións e que resulte atractiva para lectores e estudantes.

Sen embargo, estamos moi lonxe dise obxectivo. O desastroso destas instalacións xa é un debate que vén moi de vello e, por desgraza, a día de hoxe, segue absolutamente vixente.

As queixas dos usuarios son as mesmas hai xa moitos anos. Frío, humidade, mobiliario envellecido, problemas para o acceso a internet, horarios pouco acaídos para o público ao que van dirixidos, falla de espazo, escasa actualización do catálogo…

A listaxe podería alongarse moito máis pero xa son de sobra coñecidas, polo que unha vez claro o diagnóstico que podemos considerar unánime, toca xa poñerlle solucións.

O Concello do Carballiño ten que darlle prioridade a este servizo e comezar a prestarlle a atención que merece e para iso hai que tomar decisións concretas que vaian máis alá de tódalas promesas e anuncios que podemos encadrar, ata o de agora, no apartado literario da fantasía.

Visto todo o anteriormente comentado, SOLICITAMOS

  1. Qué se faga unha exposición pública do proxecto de reforma da Biblioteca Municipal e se abra un prazo para posibles aportacións dos usuarios.
  2. Qué se habilite unha partida singularizada nos orzamentos de 2.020 que permita levar a cabo dito arranxo, incluindo mobiliario, novas ventás, nova iluminación, climatización…
  1. Qué tal e como anunciou o alcalde, se saque a concurso mediante Oferta Pública de Emprego a praza de Arquiveiro-Bibliotecario co fin de que sexa ocupada por unha persoa especializada e coa titulación necesaria para dinamizar este espazo, mantendo ao persoal que hai a día de hoxe noutros postos dentro da mesma Biblioteca.
  2. Que se forme adecuadamente ao persoal actual para atender este servizo e que se reforce en canto a efectivos para poder ampliar o horario no canto de recurrir ao peche.
  3. Que se dote á Biblioteca do Carballiño de medios suficientes para poder levar adiante unha actualización dos seus fondos bibliográficos.
  4. Que se melloren as condicións de acceso a Internet dos usuarios.