Concerto na igrexa de Madarnás

O coro de Cámara Música Viva ofrecerá este domingo, 15 de decembro, ás 11,30 h., un concerto na igrexa de Madarnás.

Trátase dun evento no que colaboran o concello do Carballiño e a Asociación de Veciños de Madarnás.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asimesmo, esta agrupación coral ofrecerá tamén o domingo pola tarde outro concerto no Asilo de Anciáns, e ten programado actuar en Partovia a mediados do mes de xaneiro.