O CONCELLO DESTINA MÁIS DE MEDIO MILLÓNS DE EUROS AO ACONDICIONAMENTO DE VINTE RÚAS CO CASCO URBANO

Publicidade

Un total de vinte rúas do casco urbano do Carballiño serán acondicionadas a comezos do próximo ano, e para o cal o concello destina un orzamento de mais de 500.000 euros.

Trátase de catro proxectos de acondicionamento, que inclúe a renovación da rede de abastecemento, alcantarillado, iluminación, beirarrúas e asfaltado en quente. Estes proxectos atinxen ás rúas Solana, San Benito, Madanela e Saleta, por un lado; Beariz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro, por outro; Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, La Rioja e Aragón, en terceiro lugar; e finalmente, as rúas Eusebio Lorenzo e Blanco Amor. Estes proxectos atópanse neste intre na fase inicial de contratación, que rematará coa adxudicación das obras nos primeiros meses do novo ano 2020