Sanidade mantén as restricións no Carballiño, Boborás e O Irixo

A Xunta de Galicia pecha perimetralmente as sete principais cidades galegas pola expansión do virus, así como os concellos limítrofes a elas. Mantén ademais o nivel 2 de restricións en todo o territorio.

Publicidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou despois da reunión do comité clínico, que estas medidas entraban en vigor a partir das 15:00 horas de hoxe e dixo que se trata de “limitar os movementos de entrada e saída na Galicia urbana” con motivo desta fin de semana, ademais de anticipar que se revisarán o próximo martes.

A estas medidas hai que engadir á limitación de xuntanzas entre persoas conviventes en 14 concellos.

sinalou que malia boa evolución que está a ter a situación epidemiolóxica na provincia de Ourense, o Subcomité clínico decidiu manter unha semana máis as restrición vixentes nos diferentes concellos ourensás.

As medidas establecidas esta mañá, estarán vixentes até o vindeiro martes día 3 de novembro, data en que o Comité clínico voltará a reunirse e avaliará se é precisa a súa continuidade.