Dependencia … ¿sorte ou dereito?

Mª Mercedes Moreiras Mosquera

Grao en Traballo Social

Grao en Educación Social

AVANTAR ACTIVIDADES

Actualmente e Traballadora Social no Concello de Coles

Artigo : DEPENDECIA … ¿SORTE OU DEREITO?

A realidade da vida é que ninguén escapa é paso do tempo e, nalgún momento, acabamos precisando a axuda doutras persoas para sobrelevar mellor a vellez. Axuda que poden prover de familiares ou achegados ou ben de recursos para persoas dependentes.

No ano 2006 a aprobación da Lei da Dependencia supuxo unha gran visibilización das persoas dependente, tanto maiores como menores, mais a dependencia non é un tema asiduo nas conversas coloquias ou na prensa cotiá. Somos conscientes de cantas familias teñen ao seu cargo unha persoa dependente e como afecta isto nas súas vidas? Reparamos nas repercusións nas relacións sociais dunha persoa que ten baixo a súa responsabilidade a unha persoa dependente? A cantas destas persoas se lle estancou a súa vida laboral?

Moi pouca xente pode contar privadamente cun un servizo especializado para este colectivo de persoas. Por esta razón, a Lei da Dependencia foi a luz nun túnel moi escuro. Pero este raíño pouco durou xa que, coa crise e os recortes que afectaron a este ámbito,  deron como resultado unha precaria situación para este colectivo. A dia de hoxe a tardanza na valoración do recoñecemento da situación de dependencia e de 18 meses, cando según a Lei debería ser de tres meses. A mesma situación ocorre cando falamos da concesión de recursos públicos, como poden ser as residencias. Contar cunha praza pública nunha residencia vírase moitas veces case nunha lotería.

A realidade é que a Lei de Dependencia está configurada como un dereito, e só unhas poucas persoas dependentes poden desfrutalo. Tanto a Lei como a súa aplicación contan cunha falta de orzamento necesario para poder ofrecerlle a todas esas persoas un dereito que lles é lícito.

A dependencia está configurada como un piar no Estado de Benestar, pero é una piar que neste momento atopamos a medio construír.