O concello estuda o escenario económico para os orzamentos do ano 2022

O concello do Carballiño traballa xa no proxecto de orzamentos para o ano 2022. O goberno local pon como prioridade a análise do contexto actual no que se investirán os presupostos, recalcando un escenario marcado por unha suba no custo da electricidade. Por outra banda, a Xunta incrementará a aportación para sufragar o Servizo de Axuda no Fogar, o que aliviará a presión nas contas municipais. O alcalde, Francisco Fumega, explicounos máis o detalle estas consideracións.

Ademais, o concello ponse como prioridade rematar o Plan de Infraestruturas Municipais. Para o próximo ano, a administración conta con dotar a todas as parroquias do rural de saneamento, asfaltado e recursos de alumeado novo. Sumadas a estas melloras, con anos xa de traballo, está a instalación completa da fibra, que deberá estar en operativa no mes de decembro.

AVANTAR ACTIVIDADES